O equipo carballés enfrontouse ao líder da competición e actual campión de liga 24 horas despois de acadar a victoria contra o Emevé no partido aprazado da primeira xornada de liga. O plantel segue mermado polas lesións e por motivos laborais, ao que se sumou a lesión da xogadora Silvia Rodríguez no partido de onte. O adestrador carballés tivo soamente a súa disposición a seis xogadoras senior (Elva Cancela, Paula Rodríguez, Jessica Cotelo, Jennifer García, Raquel Noya e Ana Rostro), polo que cinco xogadoras xuvenís (Sofía Vila, Uxía Caamaño, Blanca Arán, Mirian Ramos e Patricia Fernández) foron convocadas para completar o plantel.
A pesar das baixas o Xiria plantou cara ao Caldaria Voley Ourense no comezo do partido, mantendo o marcador igualado ata o punto 15, no que as xogadoras do Caldaria conseguiron alexarse no tanteo para sumar o primeiro set. No segundo e terceiro set notouse o baixón físico polo esforzo de onte o que provocou unha falta de consistencia no xogo, permitindo ás visitantes pechar o encontro ao seu favor sen problemas.
O adestrador local aproveitou para darlle minutos a algunha xogadora xuvenil e probar a xogadoras en postos distintos aos habituais.
A pesar da derrota, semella que o equipo comeza a collerlle o fío á categoría, e remata a xornada con moi boas sensacións de cara ao próximo partido contra o Xuvenil de Teis, o vindeiro sábado 7 ás 20:00 h no Pavillón Municipal de Teis (Vigo).
Asesoría Cervantes Xiria 0 – 3 Caldaria Voley Ourense
17-25/15-25/14/25
1/11/2015 – 12:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)