Un ano mais comezan as xornadas de deporte escolar en voleibol, no que as rapazas poderán desfrutar ca práctica do voleibol, o tempo que conviven cas súas compañeiras e coñecen a xente nova. Nas imaxes aparecen os días e horarios dos encontros de cada equipo.
Categoría Infantil e Alevín
Coma os últimos anos, as categorías infantil e alevín, xogarán os sábados pola mañá no Pavillón do Monte das Moas (A Coruña). A primeira xornada, enfronta en competición infantil ós dous equipos de Xiria, polo que a xornada adiántase e xógase no horario do adestramento en Carballo. Tódalas semanas de xogo avisarase durante a semana do lugar de saída (P.M. Carballo Calero) e horarios de saída e volta do autobus. Tede en conta que o calendario poderá sufrir variacións, e informarémosvos das mesmas puntualmente.
Categoría Benxamín
A categoría Benxamín, xogarase en cinco xornadas os sábados pola tarde nos días e horarios indicados no calendario correspondente (o calendario e provisional e pode sufrir variacións das que vos informaremos puntualmente). Os lugares de xogo excepto a primeira e última xornada que se xogarán no Colexio Liceo (A Coruña) e no P.M. Carballo Calero (Carballo) respectivamente, están aínda por determinar. Tódalas semanas de xogo, avisarase durante a semana do lugar de saída (P.M. Carballo Calero) e horarios de saída e volta do autobus.