O Xiria Volei participará na fase final do campionato senior masculino

Os de Diego Vázquez buscarán revalidar título nas finais da categoría senior masculina galega. Celebrarase na Estrada o próximo sábado 27, invitados os catro primeiros equipos da clasificación da liga regular no que o Xiria entra coma segundo clasificado.

 

O torneo dará comezo ás 10.00 da mañá, enfrentando o Xiria Volei contra o CV Oleiros, que xa coñece a vitoria contra os de Carballo no seu derradeiro encontro. O CV Oleiros demostra atoparse nun excelente estado de forma, vindo de menos a máis dende toda a tempada, asinando grandes resultados nesta recta final da fase regular. A cita promete ser unha feroz revancha na que disputarase avanzar á gran final do título autonómico contra o vencedor da semifinal entre Xabaríns e Vigo Voleibol, primeiro e cuarto clasificado da categoría.

 

Espérase unha larga e complicada xornada de volei, na que os mellores equipos da comunidade afrontarán ata dous partidos por facerse co título de campión no pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada, no que o Xiria Volei xa proclamárase gañador un ano atrás.