Sexta victoria consecutiva para as rapazas do Asesoría Cervantes, que siguen invictas na Segunda División «B» Autonómica.
Esta vez o encontro foi contra o Club Voleibol Santiago, cunha clara victoria das de Carballo por 3 sets a 0 (16-25; 11-25; 19-25). O partido tivo lugar o domingo día 30 de novembro ás 12:00 horas no Pavillón Municipal do Restollal en Santiago de Compostela.
Logo dunha xornada de descanso, as rapazas de Rosalino Mariño enfrontaranse na casa contra o Zona Libre Voleibol de Sarria.