O Xiria Volei da terceira división cadete comeza a súa andaina nesta tempada visitando ao Santa María do Mar. O equipo carballés queda encadrado no grupo A da división con outros tres equipos, cos que xogará a primeira fase da competición a catro voltas.
Pola súa banda ó Gestiber Xiria xuvenil tócalle enfrontarse ao sempre complicado As Mariñas Oleiros que adianta ao Xiria na clasificación por unha victoria. As adestradoras carballesas esperan conseguir que o equipo saia mais motivado e concentrado á cancha, para tentar non cometer tantos erros non forzados, que son o maior lastre do equipo neste inicio ligueiro.
No último encontro da fin de semana o Asesoría Cervantes Xiria senior recibe ó Zalaeta, quinto clasificado, que a xornada pasada perdeu pola mínina ante o lider invicto e actual campión de liga. O partido será toda unha incógnita, xa que o equipo local segue sen poder contar con xogadoras tan importantes como son Bea, Ana Vanessa e Silvia; e pola súa parte, Zalaeta non poderá contar con parte das súas xogadoras xuvenís que teñen que xogar o mesmo día en Lugo. A melloría no xogo das carballesas non foi suficiente para traer a segunda victoria na liga de Vigo, e esperan dar a sorpresa o domingo e brindarlle a victoria ós seus seguidores.