O Xiria Calvo senior coronado coa copa

 

Os nosos rapaces declaráronse campións no campionato galego senior no concello da Estrada o día 6 de xuño contra o equipo de Xabaríns Lugo o cal intentou a remontada en todo momento sen sorte.

Os xogadores estaban dispostos a xogar a fase de ascenso a primeira nacional pero non puido ser debido á ausencia de varios xogadores.

Agora os nosos teñen unhas merecidas vacacións á espera da decisión para formar equipo o ano que ven.