O equipo infantil Hierros Varela Urbieta campión de deporte escolar

O equipo infantil Hierros Varela Urbieta declarouse campión de deporte escolar o pasado sábado 20 de maio culminando así unha tempada invictas e con só un set en contra.

As rapazas dérono todo na pista na final contra Narón e agora tócalles xogar o campionato provincial o vindeiro sábado 27 en Noia.

Moitas felicidades a todas! Noraboa!