O Asesoría Cervantes Xiria gaña e recupera a sexta praza

IMG_2454

Domingo 7 de Febreiro de 2016 – 12:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Asesoría Cervantes Xiria – Jealsa Boiro

3 – 0 (25-19/25-15/25-21)

O equipo adestrado por García de Dios non fallou, na primeira das tres finais que lles quedan, as verdinegras non erraron ante un rival directo na loita polas prazas que garante a permanenza e permite loitar polo título. Despois da victoria, o Asesoría Cervantes Xiria depende dos seus resultados, agora espéranlle outras dúas finais, o vindeiro domingo na casa e o último encontro da primeira fase fóra. O Xiria é sexto con 23 puntos, seguido do Jealsa Boiro con 20. Ós dous equipos réstalles un encontro fronte o mesmo rival, as segundas clasificadas (Pontevedra), pero no outro encontro as carballesas xogarán contra o cuarto clasificado (Ames), e o Boiro o terá mais fácil xa que xoga fronte ás penúltimas. A concentración debe ser máxima para afrontar a recta final da 1ª Fase e acadar o obxectivo. Unha victoria o próximo domingo, salvo sorpresa de Boiro fronte a Pontevedra daría a clasificación automática. De non ser así, as cousas se complicarían moito e xogaríase todo na casa do segundo clasificado, tarea moito mais ardua.

Foto 8-2-16 2 52 37

Sábado 6 de Febreiro de 2016 – 12:00 h
P.M. San Sadurniño

Fisio Che Ben San Sadurniño – Hierros Varela Urbieta Xiria

1 – 3 (25-23/22-25/22-25/10-25)

As pupilas de Outeiro, foron de menos a mais, nun encontro que resultou moi complicado á par que igualado. A pesar da igualdade, as de San Sadurniño conseguiron levar o primeiro set pola mínima. O segundo e terceiro set foi moi similar pero pese a igualdade as xogadoras carballesas conseguiron manter as súas opcións para anotarse os dous xogos. Despois o cuarto set non tería historia, cun claro dominio do Xiria para pechar o encontro. As carballesas afiánzanse na segunda posición do seu grupo, e esperan a falta dun encontro ós seus rivais da 2ª Fase.