O Almacenes Agro Xiria infantil campión provincial invicto de Xogade

image

O equipo carballés do Almacenes Agro Xiria pechou o sábado unha campaña perfecta despois de alzarse co campionato provincial de Xogade, de deporte escolar. As xogadoras dirixidas por Beatriz Souto e Loreto Tarrío acadaron este logro despois de acabar invictas, e sen ceder ningún set, a tempada.image

Despois de chegar a Noia despois de varios problemas co transporte, o equipo tuvo que facer un quencemento express xa que quedaban apenas vinte minutos para comenzar a semifinal. As verdinegras enfrontábanse ante o EDM Padrón nun encontro no que o Almacenes Agro mostrouse superior dende o inicio, facendo moito dano co saque. Unha victoria cómoda 2-0(25-13) que lles daba o pase á final.

image

A final adiantábase media hora e daba comezo ás 18h, ante o Colexio Liceo. Na liga regular o Almacenes Agro Xiria xa gañara ao seu rival da final con certa claridade, pero os primeiros impases do xogo facían presaxiar unha contenda moi reñida. Un Liceo moi concentrado tomaba vantaxe no marcador, as carballesas presas da tensión cometían erros non forzados continuos, estando a remolque todo o set. Cun 22-24 a favor do Liceo, as verdinegras apretaron os dentes e conseguiron darlle a volta ao marcador nun final de infarto.

image

No segundo set a historia repetíase, cun Liceo moi calmo e cas xogadoras carballesas atacadas e cometendo erros  non forzados. A pesar da dificultade o Xiria conseguiu tomar uns puntos de vantaxe que foron suficientes para alzarse co título cun marcador de 2-0 (28-26/25-22).

image

No Almacenes Agro Xiria xogaron: 1. Antelo, 2. Queijo, 3. Lista, 4. Balsa, 5. Varela, 6. Velo, 7. Sueiro, 8. Pérez, 9. Mato, 14. Sánchez-Pedrouzo, 16. Barca e 17. Canedo.

image