Derrota ante o líder do Asesoría Cervantes Xiria nun encontro moi disputado

Asesoría Cervantes Xiria - 1ª División Autonómica Senior Feminina

Asesoría Cervantes Xiria – 1ª División Autonómica Senior Feminina

Domingo 17 de Xaneiro de 2016 – 11:30 h
IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)

Caldaria Voley Ourense – Asesoría Cervantes Xiria

3 – 1 (25-23/25-22/18-25/25/21)

Encontro correspondente á xornada número 13 da 1ª Fase da Liga de 1ª División Autonómica Senior Feminina.

O equipo carballés viaxou a Ourense con moitas baixas outra vez debido ás lesións, estudios e traballo. Aínda así, o equipo tiña moitas gañas de loitar por sumar algún punto nun encontro a priori moi complicado ante o líder da categoría e actual campión de liga invicto, o Caldaria Voley Ourense.

As baixas nos dous equipos marcaron o encontro,  no que as xogadoras de García de Dios comezaron moi enchufadas colocando un 2-10 no marcador, moi favorable. Pero o traballo do equipo local e os erros non forzados das carballesas permitiron ó Caldaria igualar o marcador no punto 18 e tomar vantaxe na recta final, adiantándose catro puntos ata deixar o marcador en 24-20. Neste intre as xogadoras verdinegras conseguiron poñerse a un punto das rivais pero estas aproveitaron ese punto de vantaxe para pechar o set.

No segundo set o Asesoría Cervantes Xiria saltou á cancha decidido a non deixar escapar a oportunidade de puntuar en Ourense, e despois de deixar escapar o 1º set tiñan que saír a por todas para manter as súas opcións intactas. As carballesas foron por diante varios puntos no marcador ata o punto 19, nos seguintes puntos a xogadora carballesa González sufriu un percance e tivo que abandoar o terreo de xogo finalmente por lesión. Debido a que o equipo non tiña mais cambios o arbitro permitiu un cambio de excepción, e o adestrador refixo o equipo como puido. O desconcerto nas filas carballesas permitiu ás xogadoras do Caldaria adiantarse no marcador por primeira vez no set, ocasión que non desaproveitaron pechando o set o seu favor.

O inicio do terceiro set comezaba co desconcerto nas filas do Xiria e a preocupación pola lesión de González, a sabendas de que estaban desaproveitando unha gran oportunidade, as xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria voltaron a pista ca consigna de mostrar o seu mellor xogo e evitar os erros non forzados que marcaron as diferenzas nos dous anteriores sets. A pesar da motivación, o equipo seguía con imprecisións e o Caldaria manteñía as distancias ata colocarse cun 17-13, que foi o momento clave da remontada das carballesas. Co saque o seu favor, o Xiria conseguiu unha racha de 9 puntos consecutivos mostrando un gran xogo en ataque e bloqueo, que foi suficiente para escapar no marcador e forzar o cuarto set.

No derradeiro set, o Xiria fixo o último esforzo para tentar de alargar o encontro, pero a pesar da igualdade no marcador ata o final de set as xogadoras do Caldaria conseguiron na recta final uns puntos de vantaxe que xa foron insalvables para as visitantes.

Despois da derrota, o Asesoría Cervantes Xiria baixa ata a 7ª posición empatado a puntos co 6º clasificado. A vindeira xornada, visitará Carballo o Secreto Galaico Xuvenil de Teis que ocupa a 8ª posición. Este encontro vai a ser clave para as aspiracións das carballesas para manter as opcións de clasificarse entre as seis primeras e optar a xogar a 2ª Fase polo título. A próxima xornada xogarase no Pavillón Vila de Noia (Carballo) o domingo 24 ás 12:30 horas.

Polo Asesoría Cervantes Xiria xogaron:  3. González, 7. García, 9. Cotelo, N., 10. Cotelo, J., 13. Souto, 14. Tarrío, 15. Rodríguez e 17. Rostro (líbero).

Gestiber Xiria - 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina

Gestiber Xiria – 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina

Domingo 17 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
A Farixa (Ourense)

Concepción Arenal – Gestiber Xiria

3 – 1 (23-25/25-14/25-20/25-21)

Encontro adiantado da 18ª xornada da 1ª Fase da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina.

O equipo carballés encontrou unha gran oposición no seu desprazamento a Ourense, despois de gañar en decembro o seu rival por un axustado 3-2, o Gestiber Xiria non puido coseitar outra victoria. A pesar de adiantarse no marcador tras gañar o 1º set, as carballesas non tiveron opcións ante un conxunto que estivo moi acertado no encontro e que foi de menos a mais.

A vindeira xornada o Gestiber Xiria recibirá no Pavillón Vila de Noia, o domingo 24 ás 10:30 h, ó líder da categoría o Vagalume Ferrol.

Polo Gestiber Xiria xogaron: 2. Arán, B., 5. Fernández, 6. Gómez, 7. Lista, 9. Caamaño, 13. Rega, 14. Vila, 15. Ramos, 16. Aldana (líbero) e 17. Arán, I.

 

Hierros Varela Urbieta Xiria - 3ª División Autonómica Cadete Feminina

Hierros Varela Urbieta Xiria – 3ª División Autonómica Cadete Feminina

Domingo 17 de Xaneiro de 2016
Pavillón Carballo Calero (Carballo)

 Hierros Varela Urbieta Xiria – Fisio Che Ben San Sadurniño

10:00 h – Encontro aprazado da 2ª xornada

3 – 1 (25-23/24-26/25-6/25-9)

12:00 h – Encontro da 8ª xornada

3-0 (25-18/25-17/25-13)

O equipo cadete do Xiria acadou unha dobre victoria na casa tras gañar ante o seu rival, o Fisio Che Ben San Sadurniño en ámbolos dous encontros, correspondentes a 2ª e 8ª xornada de liga respectivamente. As pupilas de Luis Outeiro gañaron con solvencia os dous encontros, so cedendo un set e pola mínima. Estes resultados achegan ó equipo cada vez mais a acadar unha das dúas prazas para pelexar na 2ª Fase por obter unha das prazas de ascenso.

Polo Hierros Varela Urbieta Xiria xogaron: 1.Sarah, 2. Lola, 3. Elena, 5. María, 6. Lucía, 8. Rosalía e 9. Sofía.