Fin de semana de entroido, e fin de semana de máxima tensión para o Xiria Volei.
O domingo o equipo de 1ª División Autonómica Senior Feminina, o Asesoría Cervantes Xiria recibe ó Jealsa Boiro no PM Vila de Noia ás 12 h o vindeiro domingo. As carballesas sitúanse na 7ª praza con vinte puntos, os mesmos que o Boiro pero que se encontra na 6ª praza xa que ten unha victoria mais que o equipo do Xiria. Faltan tres xornadas para que remate a primeira fase, que decidirá que 6 equipos loitan polo título e confirman xa a súa permanenza na categoría, e os 4 que terán que loitar por non descender. As carballesas despois do ascenso o ano pasado, buscan meterse entre as seis mellores para poder garantir a permanenza e xogar a 2ª Fase da competición ca tranquilidade do traballo feito e entrar con toda a tranquilidade na loita polo título. Unha victoria ante Boiro colocaría ás carballesas por diante e nese caso dependerían dos seus resultados. Pola contra, unha derrota o domingo non sería definitiva pero o Xiria tería que gañar os demais encontros e dependería dos resultados do Boiro.
O equipo xuvenil, non xoga este fin de semana debido a un aprazamento solicitado polo XAV Cambados. O encontro xogarase o vindeiro sábado 20 de febreiro.
As cadetes, xa co traballo feito nesta 1ª Fase, visitan ó San Sadurniño o sábado ás 12 h.
E en Deporte Escolar, non hai xornada debido ó Entroido.