Aínda que se fixo esperar, o pasado domingo día 10 de novembro comezou a liga de segunda división B autonómica, na que se atopan as rapazas máis veteranas de Xiria Voleibol, A.D. Xiria Asesoría Cervantes, que visitaron e venceron por tres sets a cero ó C.V. Atlético Boiro.
Baixo as indicacións de Rosalino Mariño, este equipo arranca unha temporada máis!
Con respecto á temporada pasada cabe destacar as baixas de xogadoras clave para o equipo tanto na pista como fóra dela. É o caso de Katia Pérez e Ana Vázquez, ámbalas dúas centrais, que deixan o club de maneira temporal por motivos académicos; Nuria Freire, colocadora e unha das máis veteranas do equipo e Paula Rodriguez, xogadora opuesta lesionada dende hai máis de medio ano.
Con respecto ás incorporacións, temos por unha parte as de Sofía Vila e Andrea Loureiro, procedentes das categorías inferiores que se estrenan este ano como pezas fundamentais no equipo sénior; Lucía Naya, antiga xogadora do Calasancias (A Coruña) que se incorpora este ano ás filas do Xiria e Miriam Pazos, que despois de varios varios volve ó voleibol. Por último, algunhas xogadoras retornadas, Cristina Novo, Carla Mancebo, Uxía García e Jessica Cotelo que, tras varias tempadas de paréntese no Xiria, volven este ano a formar parte do equipo.
E como non, as veteranas, Noelia Cotelo, Ana Rostro, Elva Cancela, María Verdía e Cristina Becerra, que un ano máis se atopan nas filas do A.D. Xiria Asesoría Cervantes.