Neste momento estás a ver Cuarto posto dos xogadores de Xiria Volei na 2ª Proba do Campionato Galego de Voleipraia

Cuarto posto dos xogadores de Xiria Volei na 2ª Proba do Campionato Galego de Voleipraia

  • Autor da entrada:

Pallas 2015 vp

O pasado sábado a parella de Xiria Volei formada por Christian e Christopher Pallas Lorenzo, acadaban un gran 4º posto no seu debut nesta nova tempada de voleipraia ca súa participación na segunda proba do Circuito Galego de Voleipraia, puntuable para o Ranking Nacional de Voleipraia.

Os irmáns Pallas Lorenzo acudían á cita do Torneo Cidade de Ourense coma primeira toma de contacto desta tempada de voleipraia, e sen pisar a area mais que un día, un par de horas. Sen adestrar, chegaban á cita en Ourense situándose na lista de entrada do torneo na posción número 13, nun cadro con parellas moi solventes formadas por xogadores e ex-xogadores de Superliga e Superliga 2 na modalidade de volei pista e con xente moi experimentada no voleipraia que levan xa un mes adestrando.

Madrugón para chegar a xogar o primeiro encontro ás 9:30 h, no que se desfacían en dous sets dos quintos cabezas de serie do torneo Soto-Cid do Club Ourense Voleipraia, dando a primeira sorpresa. Esta victoria servía para continuar o torneo polo cadro de gañadores, pero no seguinte encontro esta situación cambiou ó caer ante os xogadores do Barraña Voleipraia Vázquez-Romero (14ª cabezas de serie). Os carballeses comezaron moi desconectados o encontro cedendo o primeiro set e a reación non foi suficiente para darlle a volta ao encontro no segundo set.

Ataque 2 christian 2015 vp

Neste intre, e xa no cadro de perdedores, a parella de Xiria Volei sabía que unha derrota significaba o final do torneo para eles. Encontro tras encontro foron gañando a 1ª, 2ª e 3ª respesca deixando no camiño aos 7º, 12º e 3º cabezas de serie do torneo respectivamente, e obtendo o billete para as semifinais.

Nas semifinais esperábanlles os primeiros cabezas de serie do torneo Palharini – Gómez do Voleipraia Vigo, que viñan de xogar o venres a previa dos Internacionais Cidade das Rozas en Madrid, primeira proba do Circuito Madison Beach Tour 2016. Un encontro no que a parella olívica non deu opcións aos carballeses vencendo con claridade por 2-0.

bloqueo christopher 2015 vp

Dende as 9:30 h que xogaron o primeiro encontro, os participantes pasaron por frío, calor, vento, calma, choiva, luz natural, luz artificial… Ás 00:30 h que comezou a pelexa polo bronce as forzas e o físico dos xogadores non daban para mais, e os carballeses chegaban ao último encontro con serios problemas musculares que xa fixeran acto de presenza nas semifinais. Durante o encontro, e co frío da noite encima, os irmáns Pallas Lorenzo tiveron que tomar a decisión de retirarse xa que os problemas musculares ían a mais, e preferiron non forzar a máquina e evitar unha lesión de maior gravidade.

O cadro de honra do torneo quedou da seguinte maneira: 1º Álvarez – Losada (Voleipraia Vigo), 2º Palharini – Gómez (Voleipraia Vigo), 3º Vázquez – Romero (Barraña Voleipraia) e 4º Pallas – Pallas (Xiria Volei).

Pallas 2 2015 vp

Parabéns a Christian e a Christopher pola súa gran actuación, que sabemos que non será a última, e queda todo o verán por diante para que nos dean moitas alegrías.

Esta semana o Circuito Galego de Voleipraia ten a súa parada na Cidade de Lugo, e aínda non se sabe se haberá representación de Xiria Volei, xa que Christopher non pode xogar esta semana e Christian está na procura dunha parella para acudir a cita de Lugo.