O remate da tempada para os peques de Xiria Volei chegou o sábado ca disputa en Carballo da última xornada da competición Xogade da zona da Coruña-Ferrol. Preto de trescentos siareiros apoiaron dende as gradas aos catorce equipos participantes, nunha tarde chea de algarabía e diversión. onde os rapaces demostraron todas as súas habilidades e o seu bo facer ca pelota. Despois de dezanove intensos encontros. a tarde rematou co colofón da entrega de medallas aos preto de noventa rapaces de Carballo, A Coruña, Oleiros e San Sadurniño. Os equipos de Xiria Volei, o Hierros Varela Urbieta A e B, remataron en sexto e oitavo posto respectivamente na clasificación final da competición; pero o mais importante é a chea de amigos e as tardes de diversión e volei que se levan con eles.
Agora queda esta semana, na que será a despedida do volei pista nesta tempada, xa pensando en setembro e no comezo dunha nova tempada para todas as categorías.
Unha representación das infantís do Almacenes Agro Xiria acudiu o sábado pasado ao P. de Monte das Moas (A Coruña) para recoller as medallas que as acredita coma campionas da competición de Xogade en categoría infantil feminina da zona de Coruña-Ferrol.
O vindeiro sábado rematarán unha tempada brillante ca disputa das finais provinciais da categoría, os encontros disputaranse en Noia, e se espera que o equipo poida acudir ao completo. Nestas dous últimas semanas están a apurar os adestramentos ca axuda de xogadoras cadetes e xuvenís.