O Asesoría Cervantes Xiria métese nos play off finais para xogarse o ascenso a 2ª división, xogará no grupo » D » xunto co C.V. Rianxo e C.V. Noia. As xogadoras de Carlos Amado chegan a esta fase con moitas gañas e nun bo momento de xogo, a pesar de que o comezo da tempada foi un pouco irregular as xogadoras de Carballo veñen amosando unha melloría ao longo de toda a competición. O play off comeza o sábado día 8 de maio no pavillón Vila de Noia en Carballo as 12,15 H. enfrentándose ao C.V. Noia.
FORZA XIRIA