As senior puntuan a pesar da derrota, as xuvenís e cadetes gañan

Asesoría Cervantes Xiria 1ª División Autonómica Senior Feminina

Asesoría Cervantes Xiria 1ª División Autonómica Senior Feminina

O equipo senior enfrontouse onte ó segundo clasificado, nun encontro marcado polas baixas en ámbolos dous equipos. As carballesas asestaron o primeiro golpe no marcador sumando o primeiro set, o que non amedrentou ás xogadoras do Lérez que gañaron con claridade o segundo set. No terceiro set as carballesas volveron a entrar en xogo e conseguiron adiantarse outra vez no marcador conseguindo uns puntos finais que lles permitiron pechar o xogo en curso. Igual que no segundo set, as xogadoras do C.V. Pontevedra volveron a saír moi concentradas e marcháronse no marcador para igualar o encontro. No quinto e último set, as pontevedresas comezaron con mais forza chegando ó cambio de cancha cun 4-8 ao seu favor, pero unha vez mais as xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria apretaron para chegar igualadas ao final da contenda. Despois de un partido cheo de altibaixos, as pontevedresas cerraron o encontro por un axustado 12-15. Unha derrota agridulce, xa que o encontro puido quedar na casa pero sumouse un valioso punto contra as segundas e actuais subcampionas de liga, que non serve para subir na clasificación pero que axuda a non descolgarse demasiado. Con este encontro as xogadoras de Asier e Rosalino, finalizan a primeira volta da 1ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina en penúltima posición, antes do parón navideño xogaránse dous encontros vitais para que o equipo non se descolgue do medio da táboa.

Domingo 6 – 12:30 h – Pavillón Vila de Noia

Asesoría Cervantes Xiria – CVP Alianza Española Seguros S.A.

2 – 3

(25-22/14-25/25-23/17-25/12-15)

Tamén último encontro da primeira volta para o Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina. As xogadoras de Bea e Loreto comezaron o encontro mais concentradas, o que se reflexou no marcador, gañando os dous primeiros sets. No terceiro set certa relaxación no xogo levou a que as xogadoras de Ourense conseguiran levarse o mesmo.  As adestradoras desfixeron algúns dos cambios introducidos no terceiro set e as xogadoras carballesas reviviron un pouco pero a confianza obtida polo Concepción Arenal tras gañar o terceiro set axudoulles a dobregar ás locais por un axustado 24-26. Ca moral moi baixa as carballesas comezaron o quinto moi dubitativas e as das Burgas adiantáronse no marcador por un estremecedor 1-9 que acabou de conxelar os ánimos dos siareiros presentes no graderío, pero a reacción chegou baseada nun bo saque e en non cometer erros non forzados. As carballesas sumaron a súa segunda victoria da tempada, situánse na penúltima posición na táboa empatadas cas antepenúltimas.

Sábado 5 – 17:00 h – Pavillón Carballo Calero

Gestiber Xiria – Concepción Arenal

3 – 2

(25-16/25-19/20-25/24-26/15-12)

As cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria gañaron ao Santa María do Mar nun encontro moi cómodo das carballesas que non viron peligrar o resultado a pesar do axustado tanteo no último set. As xogadoras de Luis Outeiro despois de catro xornadas, pero cun encontro menos, sitúanse na segunda posición despois de perder tan so co primeiro clasificado do grupo A da 3ª División Autonómica Cadete Feminina.

Domingo 6 – 10:30 h – Pavillón Vila de Noia

Hierros Varela Urbieta Xiria – Santa María do Mar

3 – 0

(25-15/25-11/25-23)