Xa podedes inscribirvos no XI Torneo-Foliada Concello de Carballo de voleipraia, o último día de inscricións é o mércores 8 de Agosto de 2018. Obrigatorio inscribirse a través do seguinte formulario (agás en supermini, que as inscricións realizaranse o mesmo día do torneo antes das 12h na praia): https://goo.gl/forms/zVAltmGtWnR8mjua2
As idades das diferentes categorías son as seguintes:
Supermini: 10 ou menos
Sub-15: 11, 12, 13 e 14.
Sub-17: 15 e 16.
Senior: 17 en adiante.
Super 80: a suma da idade dos integrantes da parexa ten que ser igual ou superior a 80, cunha idade mínima de 35 anos .
Inscricións en dúas categorías máximo (unha masculina ou feminina e a outra mixta), cun coste a primeira categoría de 10€ por persoa e 5€ por persoa a segunda categoría. Agás en supermini que a participación é de balde. Inclúe seguro de accidentes obrigatorio para eventos deportivos non federados, camiseta, augas, paella e bolo preñado.
Ademais coma sempre haberá xogos como tira da corda, lanzamento de óso de ameixa, carreira de sacos…
Inscríbete, o mellor do verán agárdate!!!