Resultados da xornada

RESULTADOS DA XORNADA 🏁

Comezamos co senior masculino Calvo que recibiu ao Vigo na casa e gañándo o partido por 3-0 onde estuveron á par a maior parte do partido pero na recta final foi para os nosos.

Seguimos co junior masculino Calvo que se desprazou a Boiro onde se atoparon con un gran nivel deportivo e non puideron facer nada ante o rival perdendo por 0-3.

O equipo xuvenil femenino Asesoría Cervantes pelexou o partido contra Vigo pero acabou perdendo por 1-3 cuns parciais apretados.

O xuvenil feminino Hierros Varela Urbieta perdiu contra San Ciprián por 0-3 nun partido no que empezaron a atopar sensacións moi tarde e eso costoulles moitos puntos en contra.

Pasamos ao xuvenil masculino Calvo, que disputou dous partidos na fin de semana. O primeiro o sábado contra Vigo no que intentaron facer o posible para pelexar o partido pero a falta de experiencia levounos a perder por 0-3 ao igual que o domingo en Boiro onde se atoparon cun muro.

Por último os nosos equipos cadetes Asesoría Cervantes e Hierros Varela Urbieta xogaron o domingo á mañá.

Asesoría Cervantes contra Dumbría, fora da casa, no que chegaron a empatar o partido para ir ao tie break pero perderon o último set quedando 3-2 para o equipo local.

E o Hierros Varela Urbieta contra Santiago nun partido no que, ao igual que as súas compañeiras xuveniles, costoulles moito arrancar e terminaron por perder por 0-3.

Con esto acaba a xornada e esperamos a seguinte con ganas!
Forza Xiria! 💚