O Asesoría Cervantes Xiria unha vez clasificado para a final a catro loitará polo primeiro posto do grupo

O Asesoría Cervantes Xiria unha vez clasificado para a final a catro da 1ª División Autonómica Senior Feminina, loitará contra todo pronóstico por situarse como primeiro de grupo tras a derrota esta fin de semana do Caldaria VoleyOurense, próximo rival das verdinegras. Os dous equipos xa están clasificados para a final, e loitarán o domingo ás 11:45 h no P. Paco Paz de Ourense por pasar como primeiro, para así xogar as semifinais da final a catro contra o segundo clasificado do grupo B. De momento descoñécese a sede da final a catro que se disputará o 23 de Abril, os equipos interesados na súa organización están a espera de que a Federación Galega de Voleibol saque a convocatoria para solicitar as fases finais das diferentes competicións.

No outro grupo, clasificouse xa o CV Bruxas como primeiro de grupo e falta esperar por coñecer cal será o cuarto equipo que acompañará ós xa clasificados.

Por outra banda, cabe destacar a actuación nesta tempada do Almacenes Agro Xiria de categoría infantil, que leva gañados tódolos encontros disputados ata o momento e camiñan con paso firme para xogar a final provincial da categoría.

Foto 28-2-16 14 15 07

Gestiber Xiria – 2ª División Autonómica Xuvenil

Sábado 2 de Abril de 2016 – 16:30 h
P.M. Carballo Calero (Carballo)

Gestiber Xiria – C.V.A.B.

2 – 3 (20-25/17-25/25-11/25-17/13-15)

As xogadoras da 2ª División Autonómica Xuvenil, aínda non puideron certificar matemáticamente a permanenza na categoría tras caer pola mínima ante o Club Voleibol Atlético Boiro.

As carballesas comezaron de menos a mais, no primeiro xogo do encontro o dominio do Boiro fíxose patente, pero as xogadoras de Beatriz Souto conseguiron acercarse no electrónico, pero a reacción cheagaría tarde. Despois de comezar perdendo as xogadoras verdinegras, saltaron a cancha con moitas ganas e comezaron a facer o seu xogo, o que lles levou a cobrar unha importante vantaxe no marcador. Mediado o set o Xiria olvidou que ía por diante e permitiu que o Boiro lle dese a volta o set para pechalo o seu favor. Cun 0-2 as xogadoras non se renderon e o igual que no segundo set cobraron unha boa vantaxe que esta vez non desperdiciaron, sumando así o seu primeiro set no encontro. No cuarto xogo, aínda que algo mais igualado co anterior, as xogadoras do Gestiber consegueron ir por diante e igualar o choque. O final do encontro foi de nervos para os dous equipos, e a pesar de levar algo de vantaxe, o equipo fallou varios puntos clave que serviron para darlle forzas ás rivais, dándolle a volta o resultado do último set.

O equipo de Boiro despois desta victoria mantense imbatido nesta fase e xa está matemáticamente salvado. Pola súa banda as carballesas, terán que esperar á última xornada para certificar a permanenza. O encontro disputarase o sábado ás 12 h no PM Carballo Calero ante o CV Pontevedra.

Equipo alevín completoO equipo do Hierros Varela Urbieta Xiria de categoría alevín, caeu ante o Liceo C, equipo moito mais rodado. As xogadoras, seguen a loitar e a aprender día a día. A vindeira xornada xogarán outro encontro fronte o Calasancias.

Equipo benjaminAs peques de XiriaVolei foron ata o Pavillón coruñés do Calasancias, para pasar unha tarde chea de diversión. Debutaron nesta terceira xornada da categoría benxamín dúas das peques das escolas de Xiria. Tarde moi fructífera para aprender e, ademais, conseguiron gañar 3 dos 5 encontros disputados.