Coma cada verán o voleipraia encherá a praia de Razo de algarabía e deporte, a partir de hoxe e ata o último día de agosto. O Concello de Carballo e Carballo Deporte organizan en colaboración coa Asociación Deportiva Cultural Voleipraia Costa da Morte a actividade de Voleipraia Razo 2016, nunha aposta mais que segura polo deporte mais de moda nas praias de todo o mundo.
Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16 ata as 20 h. Ademáis de luns a venres de 17 a 18 horas terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia onde os mais pequenos gozarán cos diferentes xogos propostos, e os mais maiores poderán perfeccionar ou iniciarse no mundo do voleipraia da man dos monitores da Asociación Deportivo Cultural Voleipraia Costa da Morte. Estas actividades son gratuitas, pásate por Razo e pregunta aos monitores tanto se queres iniciarte, xogar uns encontros ou queres consello para mellorar nas túas competicións.
E como non, non podía faltar a cita ineludible do Torneo Foliada Concello de Carballo, que neste ano 2016 chega a súa novena edición. O 14 de Agosto é a data sinalada desta gran festa do voleipraia, onde xogadores de toda Galicia reúnense para desfrutar deste espectacular deporte, e pasar un día cheo de sorpresas, xogos, comida…na espectacular praia de Razo.
Así que xa sabedes dende hoxe, deixade a toalla e vivide en primeira persoa a pasión, a beleza e o espectáculo do voleipraia, o punto de encontro onde coñecer xente, divertirse e poñerse en forma nun entorno natural privilexiado.
En definitiva tardes de moito volei, sol e area; para disfrutar da natureza e do marabilloso paisaxe e entorno da praia de Razo.