Este sábado reuniranse en Carballo os equipos participantes na competición de Xogade de categoría benxamín, na disputa da quinta e última xornada da competición zonal. Durante toda a tarde do sábado poderemos desfrutar dos mais peques do volei no Pavillón Carballo Calero. Un total de catorce equipos que xogarán, a partir das 16 h, 19 encontros entre eles nas tres canchas habilitadas para a ocasión. O remate da xornada chegará ca entrega de medallas aos participantes.
Nesta xornada festiva de volei participarán as seguintes entidades : Xiria Volei (Carballo), Colexio Liceo (A Coruña), Calasancias (A Coruña), Aldebarán (San Sadurniño), As Mariñas (Oleiros), Zalaeta (A Coruña) e Franciscanos (A Coruña).
O pasado fin de semana o equipo cadete do Hierros Varela Urbieta Xiria caeu na volta da eliminatoria polo ascenso a 2ª división por 3-1 na casa do Fisioterapia Cinesia Noia. A pesares de non acadar o ascenso, a lectura da tempada e moi positiva, despois de chegar con opcións á eliminatoria polo ascenso cun conxunto moi curto de efectivos, no que as xogadoras moi conscientes da situación esforzáronse ao máximo para cumprir cada xornada. Ademais cabe destacar a xuventude do equipo, no que a metade de xogadoras eran cadetes de primer ano e a outra metade aínda están en categoría infantil.