Moito volei en Carballo – Xornadas 10 e 11 de decembro

RESULTADOS DAS XORNADAS 🏁
Comezamos coas xuveniles Hierros Varela Urbieta que tiveron dobre partido contra ambos equipos de Narón.
O primeiro foi un reñido 3-2 onde as nosas levaron a primeira vitoria da tempada, pero no segundo atoparon a un Narón moi solido para perder 0-3.
As xuveniles Asesoría Cervantes esta vez perderon por 0-3 onde lles faltou algo máis para poder levarse os sets ante Narón.
As cadetes Hierros Varela Urbieta tamén tiveron dobre partido onde gañaron ambos por 3-0 e 3-1 levando así os primeiros 6 puntos.
E para acabar cos equipos femeninos, as cadetes Asesoría Cervantes xogaron non dous, senon tres partidos o sábado onde puideron gañar dous deles por 3-0 e perderon un por 1-3.
Seguimos co resultado dos senior Calvo Xiria que se desprazaron a San Ciprián para gañar por 0-3 nun partido con altibaixos pero que ao final poideron sentenciar.
Por último, os xuveniles e junior Calvo Xiria, desprazáronse a Lugo para xogar ambos contra o Emeve onde perderon os dous partidos por 3-0 e 3-1 respectivamente debido ao gran nivel do equipo rival.
Con esto rematamos cos resultados de todos os partidos e volverémonos a ver este finde con máis volei!