X Toneo-Foliada Concello de Carballo

Dende hoxe xa podedes inscribirvos no X Torneo-Foliada Concello de Carballo de voleipraia , último día de inscricións o xoves 17 de Agosto. Obrigatorio inscribirse a través do seguinte formulario (agás en supermini que as inscricións realizaranse o mesmo día do torneo ás 12 h). https://goo.gl/forms/KqMPxsCFyfs31KU92

As idades das diferentes categorías son as seguintes:
Supermini: 10 ou menos.
Sub-15: 11, 12, 13 e 14.
Sub-17: 15 e 16.
Senior: 17 en adiante.
Super 80: a suma de idade dos integrantes da parexa ten que igual ou superior a 80, cunha idade mínima de 35 anos.

Inscricións en dúas categorías máximo, cun coste de 10€ persoa por categoría, agás en supermini que a participación é de balde. Inclúe seguro de accidentes obrigatorio para eventos deportivos non federados, camiseta, augas, paella e bolo preñado.

Ademais coma sempre haberá xogos como tira da corda, lanzamento de óso de ameixa, carreira de sacos…

Inscríbete, o mellor do verán agárdate!!!