Tarde de volei no Carballo Calero e torneo alevín en Oleiros este sábado

cartel-encontros-5-6-novembro-2016

O sábado a partir das catro, tarde de volei no P.M. Carballo Calero cos encontros dos equipos senior e xuvenil de Xiria Volei.

Ás catro da tarde e para abrir boca, o Gestiber Xiria recibe ao Club Voleibol Oleiros en encontro correspondente á 5ª xornada da 1ª Fase da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina.

Encontro complicado para as carballesas, sétimas clasificadas, que reciben ás segundas e un dos equipos favoritos para o ascenso. A pesar da diferenza na táboa clasificatoria o equipo adestrado por Bea Souto amósase positivo ante o encontro, despois da melloría acadada nos últimos encontros. O equipo fixo balance esta semana, e comeza a ser consciente da importancia de evitar os erros non forzados para poder loitar pola victoria ante un equipo moi sólido.

Rematado o encontro de categoría xuvenil, saltará á cancha o Asesoría Cervantes Xiria para confrontarse ao Autos Cancela Zalaeta, en encontro correspondente á 5ª xornada da 1ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina.

As verdinegras ocupan a sexta posición cun encontro mais que o equipo coruñés, que ocupa a cuarta praza na clasificación provisional. O equipo dirixido por Christian Pallas tentará sumar a súa segunda victoria na competición e escalar algún posto na clasificación. O adestrador carballés espera poder contar con case todo o plantel para o choque.

torneo-oleiros-alevin

O sábado á mañán, o equipo alevín viaxa a Oleiros para participar no Torneo de Voleibol Alevín organizado polo Club Voleibol Oleiros en colaboración co Concello de Oleiros. Ademais de nós e o equipo anfitrión participarán tamén o Club Voleibol Zalaeta e o Narón Volea. Un total de seis equipos que se dividirán en dous grupos, onde o Hierros Varela Urbieta Xiria quedou encadrado no grupo 2 con Zalaeta A e Narón Volea.

O primeiro encontro será ás 10:35h ante Narón Volea e o segundo a continuación ante Zalaeta A.

Ás 11:50 h está previsto a disputa das semifinais para a continuación, disputarse o 3º/4º posto e o 5º/6º posto.

O ouro e a prata dirimiranse ás 13:10h, para ao rematar proceder á ceremonia de entrega de medallas.