Resultados fin de semana do 4 de febreiro

O equipo senior feminino Asesoría Cervantes Xiria acadou unha victoria moi importante diante do Zalaeta da Coruña por un comodo 1-3. As carballesas, pese a enfrentarse ao 2º clasificado conseguirón gañar na casa do rival cuns parciais de 24-26, 19-25, 25-19 e 21-25, nun tempo de 1 hora e 41 minutos de partido. Dende un principio, as carballesas fixerón un partido moi serio en defensa o que propiciou a victoria no primeiro set, algo que dañou as locais e que permitiu que se adxudicaran o 2º set tamen. No 3º sufrirón un pequeño baixón físico o cal obligounas a ter que rematar o partido no 4º set.

Por outro lado, o equipo infantil logrou a sua primeira victoria no pavillón Monte das Moas por un 1-2 diante de Aldebarán San Sadurniño.