Previa das competicións federadas e de deporte escolar para o fin de semana

Cartel 14 febreiro 2016

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 12:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Asesoría Cervantes Xiria – C.V. Bruxas

As xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria, afrontan a penúltima das finais a xogar na recta final da 1ª Fase da competición. As verdinegras están na procura de manter as súas opcións de acabar a fase entre as seis mellores para así asegurar a permanenza e entrar no grupo de loita polo título. Agora mesmo están sextas e dependen de elas mesmas para manter a posición que da dereito a xogar polo campionato na segunda fase. As xogadoras de García de Dios enfrontaranse ante o CV Bruxas, equipo duro que se atopa na posición número 4 na táboa clasificatoria. O Xiria deberá saír moi concentrado no seu xogo, para ter opcións de gañar o encontro. Dende o clube apuntan que as claves poden pasar pola eficacia no saque e na recepción, que poderían bastar para facer caer o encontro dunha ou doutra banda.

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 12:00 h
P.M. Restollal (Santiago de Compostela)

C.V. Santiago – Gestiber Xiria

As pupilas de Souto e Tarrío, visitan ó segundo da táboa con gañas de confirmar a melloría no xogo mostrada nas últimas xornadas e como preparación para a 2ª Fase da liga, na que deberán loitar por lograr a permanenza na categoría. A falta de dous encontros para rematar a 1ª Fase, as carballesas se sitúan na penúltima praza da clasificación.

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 10:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Hierros Varela Urbieta Xiria – Podoloxía Esteiro Narón Volea

O equipo verdinegro, xoga o último encontro da 1ª fase  xa clasificadas para xogar polo ascenso na 2ª Fase da liga. As xogadoras adestrada por Outeiro esperan despois desta xornada coñecer ós seus rivais. A vindeira semana haberá un parón na competición antes de comezar a loita, na que esperamos que as carballesas teñan opcións de ascender.

Encontros 13 de febreiro de 2016

DEPORTE ESCOLAR
Sábado 13 de Febreiro de 2016
P. Monte das Moas
10:30 – PISTA 1: Xiria A – Montespiño (Infantil)
10:35 – Pista 3: Xiria – Narón Volea (Alevín)
11:45 – Pista 1: Xiria B – Calasancias B (Infantil)

Moito voleibol na mañán do sábado no pavillón coruñés do Monte das Moas onde as nosas peques poderán desfrutar do seu deporte favorito, nos diferentes encontros que se xogarán ó longo da mañán. Diversión, aprendizaxe, compañerismo, esforzo, traballo en equipo…daranse cita o vindeiro sábado.