Derbi coruñés do equipo senior Xiria Calvo

O Xiria Calvo está a preparar o partido do vindeiro domingo día 26 ás 12:00h contra o clube Calasancias. Os rapaces estano a dar todo para poder conseguir máis vitorias nesta liga tan desputada e poder clasificarse para a fase de ascenso. Animádevos a vir a animar neste derbi!  

Voleipraia Razo 2019

O vindeiro 1 de xullo comezaremos a tempada de voleipraia en Razo. Coma todolos anos dispoñeremos de varias redes para xogar ao longo do verán, só tedes que vir e apuntarvos para xogar! Ademáis, a data do 12º torneo-foliada xa está fixada para os días 10 e 11 de agosto. Ao longo do mes de […]

Clausura da tempada 2018/19

O vindeiro sábado día 8 celebraráse no pavillón de Carballo Calero o remate das actividades de voleibol da actual tempada. Comezaremos ás 16:00 e realizaremos tanto actividades deportivas como de ocio e xogos ata as 20:00. Non volo perdades!