O equipo senior acaba 3º de Galicia

Acaba a tempada para o equipo senior cun gran terceiro posto no campionato galego, poñendo fin a unha tempada que foi de menos a máis. O Xiria Calvo perdeu o primeiro partido 3-1 contra o equipo anfitrión CV Burgas con uns parciales axustados de 18-25/26-24/25-18/25-22 pelexando cada punto e dando moi boa imaxe intentando chegar á final. Non obstante, puideronse facer co terceiro posto contra o club Vigo B 1-3 con uns parciales de 25-22/19-25/23-25/23-25.

Coa fin deste torneo damos por finalizada a tempada 2020/2021 para todo o clube dando gracias a todas as persoas que nos apoiaron, animaron e axudaron a que esto funcionase un ano máis.

Finalmente queremos anunciar que en breves daremos paso á tempada de volei praia na praia de Razo desde o 1 de Xullo ao 31 de Agosto con horarios de 16:00 a 20:00 e con escolas de volei gratuitas de 17:00 a 18:00.

Esperámosvos! Forza Xiria!