O Asesoría Cervantes Xiria suma a primeira victoria da tempada

foto-29-10-16-21-28-16

Fin de semana fructífero para os equipos de Xiria Volei en liza, suman os tres puntos as senior despois de conseguir a primeira victoria da tempada a domicilio; e as xuvenís, a pesar da derrota suman un punto despois dun encontro de moita tensión e moi igualado.

marcador-cambados-asesoria-xornada-4

Primeira victoria na tempada do Asesoría Cervantes Xiria, que o sitúa na 6ª posición na 1ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina.

O encontro era toda unha incógnita, xa que o XAV Cambados é un equipo recén ascendido, ademais o adestrador Christian Pallas contaba únicamente con nove xogadoras para o encontro, sendo unha delas unha nova incorporación de última hora que apenas adestrou dous días co equipo.

As verdinegras saltaron a cancha convencidas das súas posibilidades e fixeron valer o seu bo facer e experiencia para arrincar o encontro cunha victoria moi clara no primeiro xogo.

Xa no segundo set, as cambadesas repostas do forte arranque das visitantes no primeiro, conseguiron poñer en apuros a un Xiria que fixo valer a súa veteranía para sumar o xogo mais igualado do encontro.

O terceiro, e último xogo, foi moi parecido ao inicio do encontro, onde as xogadoras do Asesoría Cervantes conseguiron unha vantaxe clara dende os inicios para sumar a primeira victoria e os tres puntos correspondentes.

O adestrador carballés Christian Pallas destaca a seriedade e a concentración na pista do equipo de principio a fin para conseguir unha victoria clara.

Asesoría Cervantes Xiria: 1. Noya, 7. García, 8. Rodríguez P., 11. Ennes, 12. González P., 13. Souto, 15. Rodríguez S., 17 Varela (líbero) e 18. Ponte.

marcador-rianxo-gestiber-xornada-4

Gran encontro das xogadoras do Gestiber Xiria, a pesar da derrota do sábado en Rianxo, no que a igualdade no electrónico foi a tónica.

A visita ao Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo deixa un sabor agridoce no plantel carballés, despois dunha gran remontada no que os nervos pasaron de novo factura ao conxunto adestrado por Beatriz Souto. A pesar da derrota o equipo trae boas sensacións e se vai notando a melloría no xogo, aínda que falla continuidade, e suman un punto.

As verdinegras amosaron moito nerviosismo na cancha, o que as locais aproveitaron para tomar uns puntos de vantaxe que foron suficientes para anotarse os dous primeiros sets.

A partir dese intre a mentalidade das carballesas cambiou por completo, deixando aflorar o seu xogo para conseguir a remontada cas diferenzas máximas no marcador de todo o encontro.

O quinto set, no que os dous equipos comezaban de cero voltou a xogarlle unha mala pasada ás xogadoras de Xiria, que voltaban aos inicios do encontro onde o seu xogo andaba preso do nervos. A pesar de loitar ata o último momento ao final a balanza decantouse para as locais que venceron no último e definitivo xogo.

Gestiber Xiria: 1. Aldana, 5. Fernández, 7. Sueiro, 8. Mato R., 9. García, 11. Méndez, 15. Ramos, 16. Barca e 18. Varela (líbero)