Inscrición para o IX Torneo-Foliada Concello de Carballo o 14 de Agosto

CartelVP2016 [363]Un ano mais xa está todo preparado para o torneo de voleipraia de Razo. A novena edición da cita carballesa terá lugar o domingo 14 de Agosto na explanada de Razo, no que se contará con 7 canchas de xogo para dar cabida a todas as categorías. Un torneo que procura a diversión mais aló do voleipraia, nunha xornada festiva na que ademais de moito voleipraia haberá diferentes competicións (lanzamento de óso de ameixa, carreiras de sacos…) e unha gran paella para recuperar as forzas. Razo convertirase nun punto de encontro para xogadores de todas as idades e que acuden dende diferentes puntos da xeografía galega e incluso de fóra. Competición para todos os públicos con gañas de pasar un día agradable entre amigos, onde coñecer xente e divertirse á par que desfrutan dun entorno natural privilexiado.

O periodo de inscrición xa está aberto ata o vindeiro xoves 11 de Agosto, no que os interesados poderán inscribirse nas seguintes categorías: supermini, sub-15 feminino e masculino, sub-17 feminino e masculino, senior masculino-feminino-mixto, super 80 masculino-feminino-mixto. Para realizar a inscrición soamente hai que cumplimentar o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/ahc0Vc6JUz7SnsEC3

O venres 12 de Agosto publicaránse os grupos de competición e os horarios estimados nesta web e no facebook de Escolas de Volei.Praia de Razo.