I Torneo de palas plaia

Dende hoxe xa podedes inscribirvos no I Torneo de Palas de Praia , último día de inscricións o xoves 17 de Agosto. Obrigatorio inscribirse a través do seguinte formulario (máximo 8 parellas, as que queden fóra formarán parte da reserva por si houbese algunha baixa) https://goo.gl/forms/fHGLKne54DBG7ScV2 e outras 8 parellas a través do noso socio colaborador 3D3 padel (dirixirse directamente a eles).

NORMAS DO TORNEO DE PALAS DE PRAIA
Modalidade 2×2 senior(admitiranse parellas masculinas, femininas ou mixtas que xogarán entre sí en unha única categoría).
Terreo de xogo dous campos de 8×8 cunha rede que os separa a 1,70 m de altura.
Encontros ó mellor de 3 sets de 11 puntos cada un, para gañar é necesaria a diferenza de dous puntos. O cambio de campo realizarase o finalizar o 1º set, no caso de chegar ao set de desempate (3º) cambiarase de campo cada 6 puntos.
O saque realizarase dende detrás da liña de fondo e dentro dos límites que sinalan as liñas laterais; realizarase por debaixo da cintura; a pelota non poderá tocar a rede no saque e non haberá tentativa de saque.
Haberá alternancia entre os xogadores nos turnos de saque; todas as accións suporán punto se teña o saque en posesión ou non.
Na recepción do saque haberá que situarse a 3 metros da rede (sinalizada a distancia cunha cinta de outro cor nas líñas laterais) hasta que o equipo contrario haxa posto en xogo a pelota.
Ca pelota en xogo, o xogador nin a pala poderán tocar a rede nin sobrepasala. As liñas do campo pertencen ao mesmo, unha pelota que toca a liña será punto.
Soamente poderá xogarse con palas de praia de madeira (a organización prestará as palas e as pelotas, pero cada xogador poderá xogar coa súa pala sempre que cumpra cos requisitos se así o prefire).
Un dos xogadores do encontro anterior (según o acorden os dous equipos) deberá arbitrar o encontro seguinte ao seu.

As inscricións terán un custe de 10€ persoa. Inclúe seguro de accidentes obrigatorio para eventos deportivos non federados, camiseta, augas, paella (o domingo) e bolo preñado (o domingo).

Ademais coma sempre haberá xogos como tira da corda, lanzamento de óso de ameixa, carreira de sacos… (o domingo).

Inscríbete, o mellor do verán agárdate!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *