Crónica da fin de semana do 30 e 31 de xaneiro

IMG_2572

Domingo 31 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
P.M. Barrio das Flores (A Coruña)

Zalaeta – Asesoría Cervantes Xiria

3 – 0 (25-10/25-16/25-22)

Mal encontro das carballesas que en ningún momento do encontro lle plantaron cara o seu rival. O Zalaeta mostrouse moi forte xa dende o saque e o xogo do Xiria estivo cheo de imprecisións durante todo o encontro. Os numerosos erros no saque, recepción e colocación; non deixaron opcións ás verdinegras que non chegaron a entrar no xogo en todo o encontro.

Despois da derrota, o equipo dirixido por García de Dios e Mariño, cae ata a sétima posición na táboa clasificatoria empatado a puntos co rival da vindeira semana pero cunha victoria menos. Esta praza non lle sirve a Xiria para entrar na loita polo título e garantir xa a permanenza na categoría, polo que deberá gañar a próxima xornada para manter as opcións a falta de tres xornadas para o remate da 1ª Fase da liga.

xuvenís xiria

Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
P. Valle Inclán (Oleiros)

As Mariñas Oleiros – Gestiber Xiria

0 – 3 (25-13/25-8/25-15)

As carballesas lograron onte unha clara victoria en Oleiros. A mellora no xogo das últimas semanas viuse recompensada. As xogadoras adestradas por Souto e Tarrío, saíron moito mais agresivas no saque, o que lles axudou a encarrilar o encontro. Fronte tiñan a un equipo moi xoven pero con moito futuro que mostrou os erros propios da súa idade, o que permitiu ás carballesas gañar con moita facilidade.

cadetes xiria

Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 16:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Hierros Varela Urbieta Xiria – Santa María del Mar

3 – 0 (25-14/25-8/25-11)

As xogadoras adestradas por Outeiro, a falta de dúas xornadas para rematar a 1ª Fase da liga aseguraron ca victoria do sábado un posto na 2ª Fase nos grupos de loita por ascender a 2ª División Autonómica. O encontro non tivo mais historia xa que o conxunto verdinegro mostrouse superior ó rival en todo momento.

Infantís A xiria

Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 10:30 h
P. Monte das Moas (A Coruña)

 Narón Volea – Xiria A

3 – 0

Na competición infantil de Deporte Escolar, as carballesas do Xiria A caeron ante un equipo moito mais experimentado, onde os nervos propios dos primeiros encontros tampouco axudaron. A vindeira semana non hai competición polo que toca traballar para seguir aprendendo e mellorando.

 

Alevins xiria

Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 11:45 h
P. Monte das Moas (A Coruña)

Xiria – Zalaeta

2 – 0

O equipo Alevín de Xiria disputou o sábado o seu primeiro encontro da tempada. O equipo caeu ante o Zalaeta na primeira xornada da categoría na liga de Deporte Escolar. A vindeira semana non haberá competición debido as festas do Antroido. O equipo continúa o  proceso de aprendizaxe, e mellora día a día.