CLUB

inicios xiria voleiNos inicios dos anos 80 o deporte nos centros educativos integraba á maioría dos escolares e xa existían colexios de referencia en diferentes modalidades deportivas.Nos patios do colexio de Coristanco eran varias as pistas de volea que sempre estaban ocupadas cun altísimo nivel deportivo entre o alumnado do centro. Valenza, Cereo, Rabadeira, A Costa foron lugares que chegaron a ter o mellor do voleibol galego.Aí foi onde naceu Xiria, nos corredores e patio de recreo do Xosé Pichel nun proxecto iniciado por José Luis García Mendoza ao que inmediatamente se sumaron Gema Paz, José Luis González, José Antonio Andrade e outros mestres comprometidos co deporte base e ilusionados con unha inciativa que moito ten aportado ao deporte na comarca.

A necesidade de dar continuidade en idades cadete e xuvenil a quen até os 14 anos destacara e practicara o seu deporte elixido foi o xermolo de Xiria que no ano 83 tivo a data de constitución formal.

Cumplense pois 30 anos, sendo o equipo cadete de volea o seu primeiro equipo federado e o primeiro que acadou o título de campión indo a xogar o sector a Gijón. Despois viñeron moitos outros títulos outros deportes e moitas persoas que co seu bo facer (en mención especial Rosalino Mariño) mantiveron o facho dando ilusión e facendo de Carballo un modelo na promoción de escolas deportivas.

Longa vida ao Volea, longa vida a Xiria.

Evencio Ferrero Rodríguez
(Socio fundador Asociación Deportiva Xiria)