As cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria loitarán por darlle a volta á eliminatoria de ascenso

Cartel 14 maio 2016

Este sábado ás 12:00 h o Hierros Varela Urbieta Xiria de categoría cadete loitará por darlle a volta á eliminatoria de ascenso a 2ª División Autonómica. A semana pasada no primeiro encontro da eliminatoria, as carballesas cederon claramente ante o seu rival nesta eliminatoria, o Fisioterapia Cinesia Noia por 0-3. As xogadoras de Luis Outeiro protagonizaron un encontro no que o seu rival foi moito mais ordeado no seu xogo e non deu opcións ás bergantiñáns, que foron presa dos nervos e foron a remolque durante todo o encontro.

A tarefa preséntase difícil, xa que para darlle a volta á eliminatoria as carballesas teñen que endosarlle un 0-3 a domicilio, e que as de Noia fagan menos puntos dos que fixeron as verdinegras no primeiro encontro. A pesar das dificultades, o equipo quere saír a dalo todo e non da por perdida a eliminatoria aínda que son coñecedoras de que teñen que xogar sin fisuras para ter algunha opción. Para logralo son vitais dúas consignas, amosar o xogo do que son capaces e divertirse na cancha.

Cabe recordar que o equipo do Xiria é moi xoven, formado na súa totalidade por xogadoras de primeiro ano e infantís as que lles queda moito marxe de mellora no futuro.